Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 19:58
Galicia recibiu un total de 122.700 vacinas de Janssen durante a campaña de vacinación contra a covid-19, segundo o informe de vacinación do Ministerio de Sanidade.
Os inmunizados con esta vacina recibirán agora unha dose de reforzo de Pfizer ou Moderna, tal e como se acordou na comisión de saúde pública na que están representadas as comunidades e o ministerio.
No conxunto do Estado, segundo informou o Ministerio de Sanidade, recibiron esta monodosis 1,97 millóns de españois. Esta dose de recordo administrarase polo menos tres meses despois tras a administración da vacina.
As comunidades autónomas comezarán con esta dose de recordo a partir do 15 de novembro, priorizando os grupos de vacinación da Estratexia Nacional de Vacinación, é dicir, comezando cos grupos máis vulnerables.
Desta forma, a campaña de vacinación ten agora dous obxectivos principais: por unha banda, nestes momentos estase inoculando unha dose de reforzo aos maiores de 70 anos, en paralelo á vacina da gripe, tras as persoas con condición de alto risco e as persoas que viven en residencias; e, por outro, o 15 de novembro comezarase con este grupo de 1,97 millóns de españois que recibiron Janssen.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.