Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 13:16
Santiago acolleu este xoves unha mobilización do colectivo de empregados públicos que denuncian estar en situación de abuso de temporalidade, no marco dunha convocatoria de folga xeral.
O paro, que en Galicia se notou en ámbitos como a Radio Galega, onde afectou á súa programación, convocouse en contra do decreto lei do Goberno central para reducir a temporalidade no emprego público, validado polo Congreso dos Deputados o pasado mes de xullo tras axustes no mesmo.
A CRTVG, a medio gas pola celebrada este xoves 28. Así o vén de apuntar a estrutura da CUT dentro do ente público galego, que esta mañá liderou unha mobilización á que, segundo apuntan, veñen de se sumar arredor dun cento de traballadores. Esta falta de persoal nas instalacións de San Marcos tería deixado a súa particular pegada na grella televisiva, xa que, segundo aseguran dende a CUT nun chío, a CRTVG tería prescindido de varios programas matinais ante o paro.
Case un cento de traballadoras pararon na quenda de mañá, logrando que caian na TVG os deportes da mañá, o Bos Días dure unha hora menos e caia totalmente a emisión de A Bola Extra e A Revista. Na RG caeu o Galicia x diante e o Diario Cultural. pic.twitter.com/x6pMmVzAUB
— CUT CRTVG (@CrtvgCut) October 28, 2021
A mobilización, convocada contra o "abuso" dos contratos temporais no ente público, tamén tería provocado caídas de programas na dimensión radiofónica, como detallan no mesmo chío. Dende a Central Unitaria cifran nun 40% a porcentaxe de traballadores da CRTVG que traballan con contratos temporais, unha taxa que, ao seu ver, cómpre reducir ou eliminar para asentar mellor a función de servizo público da corporación.
A faísca das mobilizacións da CRTVG prendeu xa semanas atrás despois de que transcendera a intención da dirección de eliminar informativos locais e recorrer a unha nova "privatización dos contidos". Xornadas despois, o director do ente, Sánchez Izquierdo, asegurou que a supresión destas conexións tiña que ver coa "competitividade" da canle pública galega, á vez que reinvindicou os resultados económicos da cadea.
RADIO GALEGA
As persoas que están en abuso de temporalidade necesitan unha solución que sexa xusta. O proxecto de lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público non só non soluciona o problema senón que o agravará aínda máis, xa que sanciona aos traballadores en abuso de temporalidade, co despedimento forzoso e con indemnizacións que suporían a bancarrota das administracións", denuncian Os sindicatos Co.bas, Confederación Intersindical e Solidariedade Obreira.
Apoiada no conxunto estatal por varios sindicatos, en Santiago os manifestantes, ao redor dun centenar, marcharon desde a Praza Roxa na mañá deste xoves coreando consignas reivindicativas.
O DECRETO LEI
O decreto lei contempla a posibilidade de que as comunidades poidan establecer que as súas oposicións non sexan eliminatorias, eximindo das mesmas a empregados públicos que ocupasen praza de forma ininterrompida nos últimos dez anos e para os cales non se publicou a correspondente praza, quen só estarán suxeitos a unha valoración de méritos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.