O terror no rural galego de "Jacinto" gaña o premio do xurado no Austin Film Festival

A película de Javi Camino estrearase mañá en Galicia no "Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2021 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

"Jacinto" chegará mañá a Galicia con xa varios recoñecementos debaixo do brazo. A película, dirixida por Javi Camino e protagonizada por Pedro Brandariz, vén de gañar o Premio Panorma do Público en Sitges e, ademais, figura entre as 20 películas que máis impactaron do festival.  Desta volta non foi o público quen premiou a "Jacinto", pois acaba de facerse co Premio do Xurado no Austin Film Festival.

Fotograma de 'Jacinto'. FESTIVAL DE SITGES
Fotograma de 'Jacinto'. FESTIVAL DE SITGES

A película conta a historia dun home de case cincuenta anos coa mentalidade dun neno de 9 e, segundo o festival de Sitges, é un filme que mezcla o "thriller de terror rural e a crónica negra de Galicia co slasher tipo 'A matanza de Texas', o cinema de vampiros dos anos 70 e 80 e cantantes de black metal".

"Jacinto" estrearase en Galicia este venres 29 de outubro no "Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa". Antes da proxección da película, para a que as entradas están esgotadas, o director compostelán Javi Camiño manterá un encontro co público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta