Por GC Tendencias | Mondariz | 03/03/2014 | Actualizada ás 10:35
Despois dunha dilatada experiencia no mundo da auga con máis de 140 anos de experiencia, Augas de Mondariz abre unha nova liña de negocio, Mondariz Refrescos, unha gama de refrescos saudables, elaborados con auga de Mondariz e sen azucres.
Tres son os produtos cos que presentamos esta nova gama: Mondariz Sport, Mondariz Té Premium e Mondariz Premium Cola. A empresa di que "todas estas bebidas sorprenden polo seu excelente sabor, calidade e baixa achega calorífica".
A compañía engade "para reforzar a nosa orixe galega, decidimos etiquetar todas as nosas latas en idioma galego, ademais de en castelán e en inglés". Todos estes produtos xa se poden adquirir tanto en bares e cafetarías coma en establecementos de alimentación.
Estes novos refrescos incorpóranse ao noso portfolio de produtos actual que, ademais de auga sen gas e con gas, conta con Mondariz Frutas: néctares de froitas en catro sabores: piña, melocotón, laranxa e cenoria con laranxa, os cales se enriqueceron con vitaminas antioxidantes e non conteñen azucres engadidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.