A mostra "Mares da Fin do Mundo" achega o marisqueo á rapazada nunha curta rodada na Ría de Muros e Noia

A cuarta edición da mostra celebrouse entre o 29 de outubro e o 1 de novembro e o realizador francés Jean-Claude Thierry fíxose co Premio do Público por "Doole doole".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/11/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A cuarta edición de "Mares da Fin do Mundo/ Mostra Internacional de Cinema Documental", que tivo lugar entre o 29 de outubro e o 1 de novembro, volveu apostar un ano máis polo xénero documental e polo compromiso co medioambiente mariño e a pesca sostible

Marisqueo en Cambados
Marisqueo en Cambados | Fonte: Pinterest- Arquivo

Así, e como é habitual, unha das actividades da mostra foi o obradoiro de cinema na Ría de Muros e Noia. O taller, que busca fomentar novos públicos e que o alumnado adquira habilidades e coñecementos audiovisuais e cinematográficos usando como ferramentas os seus propios dispositivos móbiles, tivo como resultado a curtametraxe "Un mar de tradisións". Nel, o alumnado outense entrevistou a expertas e mulleres das súas familias que foron mariscadoras.

Segundo destacan dende "Mares da Fin do Mundo", a curta foi para moitos "a súa primera experiencia no mundo audiovisual, e nalgún caso tamén a primeira vez que se achegaban ao mundo do marisqueo, pese a ser un sector de moita importancia na contorna". Aínda que no sector audiovisual as tarefas adoitan estar divididas en departamentos, neste caso o traballo foi realizado de forma totalmente colectiva. Todo o alumnado do obradoiro colaborou no guión e na produción, e todos filmaron e gravaron audio. O resultado, apuntan, é un "achegamento emocional a un sector importante e a unha actividade coa que case todas as familias da zona están relcionadas".

Doutra banda, no acto de clausura de "Mares da Fin do Mundo" tivo lugar a entrega do Premio do Público, que recaeu en "Doole doole" (2019) do realizador francés Jean-Claude Thierry.  Dende a Mostra Interacional de Cinema Documental destacan que a peza "representa a filosofía deste evento, poñendo o foco na actualidade dos movementos migratorios en África Occidental".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta