Por E.P. | A CORUÑA | 03/11/2021 | Actualizada ás 17:22
A Xunta de Galicia ratificou que prevé vacinar fronte á gripe aos 18.000 traballadores das residencias de maiores da Comunidade, que se unen aos 21.000 residentes dos centros, o que suporá un total de 39.000 persoas vacinadas.
Así o explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa visita á residencia de maiores pública de Oleiros, na que estivo acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e do delegado territorial coruñés, Gonzalo Trenor.
Comesaña sinalou que, desde o arranque da campaña, que empezou o 25 de outubro, vacinouse a máis de 8.000 persoas usuarias dos centros socionaritarios. E lembrou que o obxectivo en Galicia é superar o 75% de vacinación entre maiores de 65 anos.
O titular do departamento sanitario autonómico sinalou que se está citando ás persoas maiores de 80 anos nos centros de saúde. O 97% acudiu á cita e o 99% xa recibiu a terceira dose da vacina contra a Covid e contra a gripe.
Desde o 25 de outubro, as persoas maiores de 65 anos poden solicitar a súa cita para a vacinación contra a gripe. A partir do 15 de novembro vacinarase ás persoas de 60 a 64 anos, e a partir do 29 de novembro a todo o mundo.
"PROTÉXETE E PROTEXE"
Pola súa banda, Fabiola García animou aos traballadores e residentes a vacinarse, e mandou unha mensaxe clara: "vacínate, protéxete a ti e protexe aos demais". A conselleira apuntou que nas próximas semanas visitarán outras residencias para incentivar esta campaña.
García lembrou os bos resultados da campaña de vacinación contra a Covid, que permitiron que as persoas maiores "poidan saír á rúa ou ir á súa casa", e que os traballadores poidan facer o seu traballo dunha forma "fácil e cómoda".
MENOR MORTALIDADE
Doutra banda, respecto da vacinación da Covid, Comesaña destacou que en Galicia se fixo "moi bo traballo", destacando que a mortalidade estivo "moi por baixo da media de España".
O conselleiro expresou a súa satisfacción pola aplicación da terceira dose da vacina, que se completou "en tempo marca".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.