A CIG denuncia a "privatización cara e ineficaz" dos informes periciais psicosociais na xustiza

Demandan un incremento dos efectivos e medios do Imelga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2021 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

A CIG denunciou a "privatización" da elaboración de informes periciais de carácter psicosocial nos xulgados galegos a través de convenios cos colexios profesionais de psicólogos e traballadores sociais. Nun comunicado, a central nacionalista censura a intención do director xeral de Xustiza, Juan José Martín, de asinar acordos con estes colexios para realizar informes para a área de familia.

Non obstatne, o sindicato critica que a Administración autonómica aposte por esta vía en lugar de "reforzar" os equipos dos que dispón o Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Así, advirten que esta colaboración entre a administración de xustiza e os colexios profesionais "xa se produciu no pasado e non resolveu o atasco xudicial". "Todo o contrario, resultou cara e ineficaz e debilitou a seguridade dos xuíces e fiscais á hora de valorar a proba pericial polas diferentes metodoloxías e protocolos aplicados", engade a CIG.

Deste xeito, manifesta a súa oposición a unha medida que consideran unha "externacionalización" de servizos e demandan un incremento dos efectivos e medios do Imelga para ofrecer "unha resposta efectiva e garantista dos distintos procedementos xudiciais".

Edificio do Imelga
Edificio do Imelga | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta