A RAG organizará durante tres xoves consecutivos unhas xornadas dedicadas a Xela Arias

Os encontros concluirán coa presentación da serie documental "Xela Arias. A palabra esgazada", producida pola RAG.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/11/2021 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega (RAG) organizará durante tres xoves consecutivos --11, 18 e 25 de novembro-- unhas xornadas dedicadas á poeta Xela Arias que concluirá coa presentación da serie documental a cargo do seu guionista, María Yáñez. Segundo informa a institución, os actos desenvolveranse na súa sede da rúa Tabernas, na Coruña, a partir das 18,00 horas, e poderán seguirse tanto en formato presencial --a entrada é libre ata completar aforamento-- como 'en liña' a través da canle de Youtube da RAG.

A primeira xornada, o xoves 11 de novembro, acollerá un simposio moderado pola poeta Yolanda Castaño, autora da biografía 'Xela quixo ser ela'; e na que participarán Darío Gil Arias, fillo da homenaxeada, e dúas persoas que eran amigas súas: a escritora Marga do Val e a profesora da Universidade de Vigo Ana Iglesias Álvarez.

A primeira tarde finalizará nun recital poético no que tamén estarán Darío Gil Arias, Marga do Val e Yolanda Castaño, xunto ao académico Darío Xohán Cabana e as poetas Emma Pedreira e Dores Tembrás.

A segunda das xornadas, o xoves 18 de novembro, terá como eixo a voz poética de Xela Arias. A escritora e tradutora Mercedes Leobalde conducirá unha mesa que contará coa profesora da Universidade de Santiago de Compostela María Xesús Nogueira, autora da antoloxía 'Xela Arias. Poesía reunida (1982-2004)'; e cos poetas Chus Pato e Alba Cid.

O último día, o xoves 25, estará dedicado á tradución, á edición e ao diálogo, entre outras disciplinas. Nesta última sesión participarán o exdirector de Xerais --onde Xela Arias traballou-- Manuel Bragado, Ana Luna e a xornalista Belén López Rodríguez.

Estes encontros concluirán coa presentación da serie documental 'Xela Arias. A palabra esgazada', producida pola RAG. Todos os capítulos pódense ver na canle de Youtube da institución e a través da web academia.gal.

Xela Arias / RAG. / Europa Press
Xela Arias / RAG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta