A Xunta detalla ao TSXG as partidas do orzamento de Xustiza, que ascenden a 169 millóns

Destaca a posta en marcha das obras da sede central do Imelga en Santiago, cunha contía total de 4,7 millóns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou ao presidente do TSXG, José María Gómez e Díaz-Castroverde as principais partidas do orzamento galegos en materia de Xustiza, que contan cun montante de 169 millóns de euros. Así o abordaron no marco da Comisión Mixta de Xustiza, onde Rueda asegurou que a Xunta seguirá apostando pola modernización neste ámbito.

Entre as principais accións destacou a posta en marcha as obras da sede central do Imelga en Santiago (2,7 millóns no 2022 dunha contía total de 4,7 millóns) e dos novos xulgados da Estrada (1,4 millóns dun total de 2,4). Así mesmo, sinalou a entrada en pleno funcionamento da Cidade da Xustiza de Vigo e unha partida de 13,3 millóns de euros específica para a asistencia xurídica gratuíta.

En materia de modernización tecnolóxica está a concretarse o novo Plan Senda 21-25, cun investimento total de 50 millóns de euros; a catalogación, dixitalización e expurgo dos arquivos xudiciais (987.000 euros) ou a inclusión de 2 millóns do plan plurianual para a renovación de equipamento e mobiliario dos arquivos e oficinas xudiciais.

Desta maneira, a Xunta finalizará o próximo ano o proxecto de dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos. Ademais, a Xunta traballa na creación de 57 novas prazas de funcionarios de xestión, tramitación e auxilio na dotación de medidas de substitución e reforzo de funcionarios, especialmente as asociadas ao plan COVID .

Outros 1,6 millóns de euros destinaranse a obras menores nos edificios xudiciais galegos e darase continuidade ao proxecto de catalogación dixital de arquivos e a súa transferencia á Xunta de Expurgo (987.000), ademán de manter o apoio á mediación cunha axuda de 245.000 euros.

Comisión Mixta de Xustiza.. CONCHI PAZ
Comisión Mixta de Xustiza.. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta