Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 12:40
A Xunta concedeu case 700.000 euros en axudas a unha decena de entidades sen ánimo de lucro para a inclusión laboral de mulleres vítimas de violencia machista.Desde 2016 un total de 1.766 mulleres participaron neste programa. En concreto, fináncianse itinerarios de inserción laboral e cursos de formación para o emprego.
As entidades beneficiarias con: Asociación Cimo, Alar Galicia, que recibiu 69.548€ en dous anos consecutivos, a Fundación CIP, Fundación Nortempo, Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada (Apetamcor), Asociación Amicos, Fundación Impulsarse e Ecos do Sur.
No caso de Alar Galicia, á que o presidente da Xunta xa aplaudiu noutra ocasión, trátase dunha plataforma condenada en condenada en 2016 por despido irregular e empregar fondos públicos de forma fraudulenta por un xulgado lucense, segundo publicou no seu momento o diario El Progreso. De acordo coa información do xornal lucense, a empresa viuse obrigada a readmitir a un traballador que despedira para poder contratar a outro no seu lugar con fondos públicos.
"A maxistrada do xulgado do Social número 3 de Lugo considera que a asociación cometeu fraude de lei e tentou valerse do diñeiro público para asalariar a persoas afíns", apuntan nunha información que deixa poucas dúbidas sobre a sentencia en cuestión. Ao parecer, Alar Galicia despediu a tres traballadores tan só dous días despois de ser contratados --incumprindo así o período mínimo de proba esixido-- para logo poder dar eses postos a persoas que xa estiveran previamente na asociación. Iso si, pagados xa con diñeiro público.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.