Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/11/2021 | Actualizada ás 17:45
A Deputación da Coruña convocou un concurso escolar de traballos de investigación sobre a pegada da emigración galega en América, segundo informa. O Boletín Oficial da Provincia publica este venres as bases do premio ao que se poderán presentar alumnos e alumnas de todos os centros da provincia.
"Nos séculos XIX e XX produciuse unha emigración en masa cara países latinoamericanos con gran presenza galega", remarca o presidente provincial, Valentín González Formoso, que destacou a importancia do certame "para que as novas xeracións estuden e coñezan a decisiva contribución da emigración galega ao desenvolvemento de Galicia".
Por outra banda, a área de Cultura do organismo provincial presentará o sábado no centro cívico e cultural de Arteixo o concerto didáctico de Fransy González e Davide Salgado. Este concerto, que terá lugar ás 12,00 horas, será gratuíto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.