O río Limia desaparece en Xinzo de Limia

Non é a primeira vez que un dos ríos máis caudalosos da Comunidade desaparece ao seu paso por Xinzo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 16/11/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que acontece pero non por iso deixa de chamar a atención. O río Limia, un dos máis caudalosos de Galicia, volve decorrer seco ao seu paso por Xinzo de Limia. A asociación ecoloxista Adega vén de calificar a situación do chamado "río do Esquecemento" de "desfeita ecolóxica".

O río Limia, sen caudal ao seu paso por Xinzo de Limia
O río Limia, sen caudal ao seu paso por Xinzo de Limia | Fonte: Adega

O Limia non cruza, de feito, a localidade polo seu leito natural. Faino por unha canle pola que desaparece o seu caudal aló menos durante tres meses ao ano. E os motivos lévanos tempo apuntando dende as entidades ecoloxistas: o cambio climático e, de fondo, a desecación por parte da Ditadura franquista da Lagoa de Antela, entre outras afeccións.

O río Limia, sen caudal ao seu paso por Xinzo de Limia
O río Limia, sen caudal ao seu paso por Xinzo de Limia | Fonte: Adega
O río Limia, sen caudal ao seu paso por Xinzo de Limia
O río Limia, sen caudal ao seu paso por Xinzo de Limia | Fonte: Adega
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta