O goberno municipal de Santiago apela ao "diálogo" coa oposición para aprobar o orzamento de 2022

"Non se pode ter unha disposición máis aberta ao diálogo", destaca Gumersindo Guinarte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O goberno local de Santiago de Compostela apela ao "diálogo" cos grupos municipais porque para o Concello da capital galega "é imprescindible" contar cun novo orzamento no ano 2022.

Así o asegurou este luns en rolda de prensa o concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local de Santiago, Sindo Guinarte, a preguntas dos medios, quen manifestou que a semana pasada pasáronlle aos grupos da oposición os datos "básicos" do borrador do orzamento. "Pasaráselles máis información. Niso se quedou", asegurou tras indicar que a concelleira de Facenda "continúa falando cos grupos". "O que se lles pide é que acheguen propostas", apostilou Sindo Guinarte

Deste xeito, defendeu que "non se pode ter unha disposición máis aberta ao diálogo". "Pedimos aos grupos que realicen achegas ás nosas propostas e confiamos en que iso sexa así", afirmou.

"CANTO ANTES"

Por iso, insistiu en "chegar canto antes a un orzamento" que, subliñou, "é imprescindible" porque o Concello de Santiago ten que "xestionar fondos europeos" da convocatoria Next Generation, para o que debe ter "un orzamento aliñado con eses obxectivos".

"Non falamos de cuestión de confianza; senón de que ter un orzamento para o ano 2022 é imprescindible", insistiu, para matizar que o Concello de Santiago "non se pode permitir" non ter un orzamento novo aprobado para 2022. "A prioridade é o diálogo cos grupos municipais e o acordo", concluíu.

O portavoz do goberno municipal de Santiago, Gumersindo Guinarte, en rolda de prensa
O portavoz do goberno municipal de Santiago, Gumersindo Guinarte, en rolda de prensa | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta