Os gandeiros galegos ameazan co desabastecemento se os prezos non soben

Agromuralla abre a posibilidade dunha folga de entregas xa que as tanto administracións como empresas "seguen mirando para outro lado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2021 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

O presidente do colectivo gandeiro de Lugo "Agromuralla", José LuísPérez, ameazou con facer unha "folga de entregas" de leite á industria, dado que tanto empresas lácteas como distinta administracións "siguen mirando para outro lado" ante os baixos prezos e a subida dos custos de produción.

Esta asociación xa protagonizou unha gran tractorada na cidade de Lugo o pasado catro de novembro, que segundo Pérez foi "bastante apoiada" pero que apenas serviu para reverter a situación dos prezos. "Hai que seguir facendo presión a nivel nacional, a nivel local igual non se pode facer moito máis, aínda que esa manifestación en Lugo foi bastante apoiada", remarcou, tras o que incidiu en que só queren que "se cumpra a lei de cadea alimentaria".

Mesmo vai máis aló no que poderían ser as novas protestas, ao porse en contacto con gandeiros doutras "comunidades autónomas" e con outros sectores como o transporte de mercadorías, que expuxo paros durante tres días antes de nadal. É por iso que deslizou a idea de "facer unha folga de entregas e así si que imos chegar a todo o mundo, sobre todo nas cidades, e que empece a verse que non hai subministración de alimentos". "A xente así seguro que vai tomar conciencia e así se vai a manifestar todo o mundo", advertiu.

No seu caso --o dos gandeiros--, non se fornecería leite ás "industrias", para o que van tratar de contar co "apoio do transporte". "A unión de varios sectores sería moi importante", deixou caer. José Luís Pérez comentou que "canto máis ruído, máis forza se pode facer porque o goberno central ten que darse conta que ten que tomar cartas no asunto e non seguir mirando cara a outro lado". "A forma de facer presión é facendo unha gran mobilización a nivel nacional", ha amenzado. Pérez lamentou que tras as protestas dos gandeiros das últimas semanas, "a cousa non se move, nin as industrias nin a administración están a tomar nota" porque seguen cobrando "o mesmo e dispáranse os custos, sobre todo o penso, que segue subindo".

Membros do colectivo 'Agromuralla' de Lugo
Membros do colectivo 'Agromuralla' de Lugo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta