Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 18:13
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, entregou este xoves a medalla ao mérito da cidade, na súa categoría de ouro, á Asociación de Persoas Xordas Aspesor.
O Concello recoñece deste xeito a unha agrupación con máis de 50 anos de historia que loita pola integración do seu colectivo, subliña nun comunicado en liña co exposto pola alcaldesa no acto, celebrado no salón de plenos.
"Queremos mostrarvos todo o noso apoio para seguir rompendo esas barreiras nos diferentes ámbitos do noso día a día. Sabedes que a nosa implicación vai máis aló deste acto, tratamos de demostrala con feitos cada día", sinalou a alcaldesa.
O Concello da Coruña incorporou durante esta lexislatura a lingua de signos ás retransmisións dos plenos municipais. Ademais, o servizo da 010 conta coa opción de vídeo-consultas con intérpretes de lingua de signos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.