Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 14:13
O catro tripulantes dunha lancha planeadora chegaron a nado á costa despois de envorcar a súa embarcación nas proximidades da praia do Castro de Baroña, no municipio coruñés de Porto do Son. Segundo a información facilitada a Europa Press por Salvamento Marítimo, ás 7,10 horas deste mércores o Centro de Salvamento de Fisterra recibiu un aviso do 112 Galicia en relación ao envorco da planeadora 'Nereira MC' debido a un golpe de mar polas condicións meteorolóxicas adversas na zona, nas proximidades da praia do Castro de Baroña.
Foi o primeiro tripulante en chegar á costa o que alertou do accidente marítimo. Os outros tres compañeiros tamén chegaron á praia a nado e todos eles "se atopan ben", destacou Salvamento. A embarcación de Salvamento Marítimo mobilizada, a 'Salvamar Regulus', remolcou a planadora envorcada ata o peirao do municipio de Porto do Son. Ademais, nesta emerxencia, coordinada polos controladores marítimos do Centro de Fisterra, participaron pesqueiros de Porto do Son e de Portosín, así como percebeiros, o helicóptero 'Pesca 1' da Xunta e a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.