Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/12/2021 | Actualizada ás 15:39
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha a sétima edición do proxecto Practicum Depo, que permite a persoas tituladas e docentes de Formación Profesional realizar mobilidades no estranxeiro para impulsar a súa integración no mundo laboral a través de prácticas en empresas e institucións no caso do alumnado e para ampliar suformación no do profesorado.
Enmarcado no Programa Erasmus+, cun orzamento dun millónde euros e que está cofinanciado no seu maior parte polo SEPIE (Servizo Español para a Internacionalización da Educación).
Nesta sétima edición participarán 38 centros de Formación Profesional da provincia. A través do programa serán 90 persoas recentemente tituladas en ciclos medios pertencentes a distintas familias profesionais as que poderán beneficiarse dunha mobilidade de longa duración (182 días), e nove os docentes que gozarán dunha estancia de oito días para ampliar a súa formación.
Os beneficiarios serán seleccionados polos 38 centros educativos que participan no Practicum Depo e poderán realizar as súas mobilidades en países como Irlanda, Alemaña, Bélxica, Grecia, Irlanda, Italia, Portugal, Malta, Francia, Finlandia, Países Baixos, Polonia, Romanía ou Islandia.
Ademais, recalca a Deputación nun comunicado, concedeuse unha partida específica de apoio á inclusión das persoas participantes. Deste xeito, reservarase ao redor do 15% das bolsas ofertadas ao alumnado con menos oportunidades.
"Con este financiamento preténdese salvar as barreiras que poidan dificultar a súa participación no proxecto, como as diferenzas culturais, obstáculos sociais, económicos ou outros obstáculos vinculados á discriminación", explica en ente provincial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.