Detectada unha mancha de gasóleo no río Lérez ao seu paso por Pontevedra

Non puido ser depurada por mor das condicións meteorolóxicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Persoal do Concello de Pontevedra detectou unha mancha de gasóleo no río Lérez, á altura do Mercado de Abastos, tras o aviso de veciños dun forte cheiro a gasóleo, segundo informa o consistorio, Nun comunicado, explica que o departamento do Ciclo da auga tratou de coñecer a orixe da vertedura á rede de pluviais, sen obter resultados, pero apunta á limpeza dalgunha caldeira.

"Tentouse minimizar a mancha, pero resultou imposible polas condicións meteorolóxicas", explica sobre o sucedido e tras o seguimento durante toda a xornada dunha vertedura que se expandiu no río, entre a ponte de Santiago e o da Barca. O mesmo foi localizado ao redor das 11,40 da mañá pola Policía Local, que se trasladou ao lugar xunto a técnicos da empresa concesionaria do servizo da auga, Viaqua, en resposta ao aviso dos veciños que alertaban ce un forte cheiro a gasóleo na zona. Tamén se informou ao servizo de control de verteduras de Augas de Galicia da Xunta.

Río Lérez ao seu paso por Pontevedra
Río Lérez ao seu paso por Pontevedra | Fonte: Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta