Por Xurxo Salgado | Barcelona | 14/12/2021 | Actualizada ás 14:10
Maite Rojo non para. Esta coruñesa de 48 anos, natural de Malpica, acaba de acadar un feito histórico para o ultrafondismo galego; o primeiro posto na esixente e internacional carreira de 24 horas de utrafondo de Barcelona. E o fixo cun tempazo, 216’6 quilómetros en 24 horas o que lle dá entrada directa a súa seguinte meta, a Espartathlon, probablemente, a carreira máis esixente do mundo e na que xa participou o seu irmán, Diego Rojo.
Maite é mariña de profesión. De feito, fixo unha interesante colaboración co Galicia Confidencial contando a travesía que a levou a cruzar o Atlántico a bordo dun veleiro. Pero, ademais de amar o mar, ama tamén a terra, a natureza e, sobre todo, pisar con forza nela. Por iso, cando pon os pés na terra bota a correr... e non para.
Foi unha cerreira dura na que había 170 participantes inicialmente pero que quedaron en 132 entre ausencias e abandonos. "É moi internacional", apunta Maite que destaca que, en total, había corredores de 31 nacionalidades diferentes. Ela quedou de primeira entre as mulleres e quinta da xeral. Un posto nada envexable tendo en conta que o gañador é un ucraniano, Andrii Tkachuk, terceira mellor marca do mundo nestas probas e que fixo un espectacular tempo de 264,8 kilómetros.
A ultrafondo de Barcelona non é unha excepción no seu palmarés. Xa gañou o ultramaratón de Nova Zelandia, quedou 3ª na ultrafondo de 100 quilómetros de Santander e fixo podios nos maratóns de San Sebastián e de Laredo, en Santander. Pero, como ela di, unha cousa é correr unha maratón, que se prepara en tres meses, a unha carreira de ultrafondo que hai que preparar cun mínimo de seis meses.
A ESPARTATHLON, A SEGUINTE META
"Levo adestrado moito. Eu levo facendo sereis de 250 quilómetros á semana e subindo progresivamente", asegura en declaracións ao GC. Non era a primeira vez que participaba nesta carreira de Barcelona, pero as veces anteriores fixera as 12 horas e non as 24, como agora. Unha espera que mereceu a pena porque cos seus 216,6 quilómetros métese de forma directa na Espartathlon, a gran proba coa que soñan os ultrafondistas.
"O meu reto é participar nesta gran carreira", di dunha proba de 246 duros quilómetros que unen Atenas con Esparta e que hai que facer en menos de 36 horas. Unha proba que xa correu o seu irmán, Diego Rojo, que estivo animandoa tamén en Barcelona. A idea dos dous era correr xuntos esta proba. Sería a primeira ocasión que aconcera na historia da Spartathlon; ver a dous irmáns correndo xuntos... Pero iso, por agora, terá que agardar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.