Feijóo presume de feminismo co anuncio de 34 millóns para o emprendemento feminino

Comprométese a rematar coa fenda de xénero no sector da ciencia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2021 | Actualizada ás 22:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presumiu de axudar ao emprego feminino cun investimento de máis de 34 millóns de euros en 2022 para impulsar o emprendemento feminino, a inserción laboral e seguir avanzado cara á igualdade real.

Unha achega que, segundo precisou, inclúe o Plan emprega muller --34,3 millóns de euros-- centrado na formación para impulsar a inserción laboral das mulleres. Neste enmárcase o Programa Emega que, cun orzamento de máis de 4 millóns, aposta polo emprendimiento feminino, especialmente no ámbito tecnolóxico.

Nesta mesma liña, lembrou tamén a modificación o pasado mes de xullo da normativa para garantir a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito universitario e da investigación, entre cuxas novidades está, por exemplo, acabar coa histórica discriminación que sufrían as investigadoras á hora de optar a unha praza pública polos períodos de non produción científica, por baixas por maternidade ou embarazo.

Durante a entrega do Premio María Josefa Wonenburger, da que informou a Xunta nun comunicado, Feijóo reiterou o compromiso da Administración autonómica para acabar coa fenda de xénero no sector científico e tecnolóxico. Así, lembrou que máis da metade dos alumnos que escollen o Bacharel científico seguen sendo homes. "E eles tamén son maioría no ámbito do I+D a nivel empresarial", engadiu para sinalar que apenas o 7% das patentes solicitadas en 2019 foron pedidas por mulleres.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta