Presentan en Santiago 'Don Carlos e o misterio dos lucecús', unha novela infantil cargada de misterios

A novela de Patricia Torrado Queiruga trata a importancia de valorar o lugar no que un vive, o medio ambiente, as tradicións ou o amor.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/12/2021 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

Sucesos inexplicables que comezan a acontecer nunha vila na que o único que podería axudar a buscar explicacións, o profesor, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas. É a sinopse de 'Don Carlos e o misterio dos lucecús', unha novela infantil da

Xosé Antón Pedreira, libreiro en Compostela
Xosé Antón Pedreira, libreiro en Compostela | Fonte: Pinterest

escritora, xornalista e museóloga sonense Patricia Torrado Queiruga que publica Baía Edicións. Presentarase este xoves 16 de decembro ás 20.00 horas na libraría Pedreira, en Santiago de Compostela.

A escritora, licenciada en filosofía pola USC, museóloga pola UAH, experta en conservación e restauración do patrimonio e xestora cultural cultiva o microrrelato, a poesía e os relatos curtos. Nesta ocasión,  'Don Carlos e o misterio dos lucecús' convida aos máis cativos a desentrañar cada misterio da novela a través dos seus protagonistas: Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso acompañados polo profesor don Carlos. Unhas pescudas que levarán a valorar "o lugar no que un vive, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta