A Deputación de Ourense contribuirá a "imprimir a alta velocidade" ao Eixo Atlántico coa chegada do AVE

Por E.P. | Ourense | 15/12/2021 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu este mércores no Centro Cultural Marcos Valcárcel ao Comité Executivo do Eixo Atlántico, uns territorios aos quese comprometeu a "contribuír imprimindo a alta velocidade" coa chegada o AVE á provincia de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na reunión do Eixo Atlántico
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participa na reunión do Eixo Atlántico | Fonte: Deputación de Ourense.

Baltar afirmou que a Deputación, tras a súa incorporación ao Eixo Atlántico o pasado 10 de febreiro, "contribuirá agora a imprimir a alta velocidade aos territorios da Eurorrexión e a todos aqueles que compoñen esta organización" grazas á chegada do AVE e "ás novas oportunidades que esta xera".

Ademais, o presidente provincial celebrou a "participación conxunta" en proxectos e iniciativas que "contribúen á promoción do patrimonio termal da Eurorrexión", destacando que ese traballo foi recoñecido coa súa elección como presidente do Foro termaldel Eixo Atlántico.

Pola súa banda, o presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Río, alcalde de Braga, enxalzou o traballo e subliñoy que, tras "a era postcovid", a Eurorrexión e os territorios que comprenden o Eixo mostrarán que "son unha área de novas oportunidades" capaces de lograr "marcar a diferenza con moitos proxectos" tanto no ámbito económico como no turístico ou no cultural, "pero tamén en temas como a cohesión territorial e a demografía".

Precisamente sobre cohesión territorial falou o secretario xeral da organización, Xoan Vázquez, que subliñou a importancia da incorporación da Deputación de Ourense, ao sinalar que permitiu reforzar o eixo "Lugo-Ourense-Tras Os Monted, favorecendo a cohesión interna".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta