Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2021 | Actualizada ás 18:59
A Consellería do Mar convocou tres novos cursos de mariñeiro pescador na modalidade en liña que terán lugar entre o 1 de febreiro e o 18 de marzo de 2022, cunha duración de 50 horas e dos que se poderán beneficiar total de 180 persoas.
Cada unha destas accións formativas estará tutorizada por unha do tres escolas de ensino náutico-pesqueiro da Consellería, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Diso informou o departamento que dirixe Rosa Quintana nun comunicado, no que sinala que o período de inscrición para estes cursos, que contan con 60 prazas cada un, está aberto ata as 15,00 horas do próximo 29 de decembro. A relación de admitidos será establecida en función da hora e do día de prematrícula dos candidatos.
Os 60 admitidos en cada curso deberán matricularse no centro de ensino correspondente nun prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos no portal web de formación da Consellería do Mar.
Unha vez que finalice o curso de teleformación realizarase un exame presencial en cada un dos centros dependentes da Consellería do Mar. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.