A morte de dous septuaxenarios en Pontevedra e Vigo eleva a 2.720 as vítimas da covid en Galicia

Permanecían ingresados no CHOP e no Chuvi.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2021 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste domingo a morte de dous septuaxenarios, un home e unha muller, que estaban diagnosticados de covid-19.

En concreto, a muller tiña 70 anos e permanecía ingresada no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), mentres que o home, de 72, estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Con estas dúas novas vítimas, a listaxe de falecementos que deixa a pandemia do coronavirus en Galicia elévase a 2.720.

Profesionais sanitarios traballan nun hospital
Profesionais sanitarios traballan nun hospital | Fonte: Universidade de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta