Por Galicia Confidencial | Dumbría | 19/12/2021 | Actualizada ás 20:20
Os servizos de emerxencía rescataron na tarde deste domingo o corpo dunha persoa nun coche que se precipitou nun río en Olveiroa, no concello de Dumbría.
Ocorreu na estrada DP-3404, na parroquia de Oliveiroa. Segundo fontes consultadas por Galicia Confidencial, o accidente tivo lugar sobre as 18.00 horas e os servizos de emerxencia non descartan que puidera haber máis persoas no vehículo. Polo momento rescatouse o corpo dunha persoa.
Seguidamente, o persoal da central de emerxencias solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico e dos bombeiros de Cee. Unha vez estes últimos chegaron ata onde estaba o coche, conseguiron excarcerar á vítima, aínda que non se puido facer nada por salvarlle a vida.
Así mesmo, os bombeiros sinalaron ao 112 que o vehículo estaba cheo de auga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.