22 cruces na autovía a Noia para denunciar a "morte" da planta de residuos de Lousame

É unha acción do comité de emrpesa que pide un plan de continuidade para a empresa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2021 | Actualizada ás 21:09

Comparte esta noticia

O comité de empresa colocou cruces xunto á autovía a Noia para denunciar a "morte" da planta de residuos de Lousame e co obxectivo de esixir un plan que garanta a súa continuidade tras 2023.

A representación sindical explicou que se tentou conseguir permiso para levar adiante a protesta sen obterse unha resposta, polo que se decidiu continuar esta acción "pacífica e sen impacto no tránsito", segundo recolleu CIG nun comunicado.

En concreto, colocáronse 22 cruces en representación dos membros do comité de empresa e os seus familiares, aínda que se busca alcanzar as 500 nos próximos días polos 170 traballadores directos, os das auxiliares e os seus achegados.

Tamén advertiu de que se non se permite continuar a súa acción reivindicativa, intensificaranse as medidas de presión "mesmo con cortes na circulación da autovía". "Trátase dunha cuestión de liberdade de expresión", remarcou o comité.

Así mesmo, subliñou que a mancomunidade carece dun plan que garanta a viabilidade da planta, ademais do futuro de empregos máis aló da finalización do contrato en 2023 coa actual xestora, FCC. Ademais, lembrou que a empresa realizou unha proposta á mancomunidade "coa que se pretende suprimir a quenda de noite en triaxe e reducir o persoal en recollida", medidas que "terían un importante impacto no actual modelo de reciclaxe". De feito, asegurou que sería "desvirtuado" ao modificarse o sistema de selección manual actual.

Cruces colocadas xunto á autovía polo comité de empresa. CIG
Cruces colocadas xunto á autovía polo comité de empresa. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta