Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/12/2021 | Actualizada ás 19:23
Unha muller morreu na tarde deste venres 24 de decembro ao ser alcanzada por un coche na A-6, á altura de Aranga (A Coruña), despois de producirse unha colisión múltiple.
Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 17,00 á altura do punto quilométrico 541 da autovía. Sobre esa hora, un particular chamaba ao 112 para alertar do ocorrido.
Esta persoa indicaba que varios coches chocaran cando circulaban en sentido A Coruña, de modo que a central de emerxencias solicitou a intervención do 061, dos bombeiros de Betanzos, do GES de Curtis e da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias comunicaron ao 112 que unha muller que estaba fóra dos coches afectados fora alcanzada por un coche. Os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Un dos carrís da A-6 permaneceu cortado mentres duraron os labores de emerxencias. Para restablecer as condicións de seguridade da vía, o 112 pasou aviso tamén ao servizo de mantemento de estradas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.