A tradución ao galego de 'La Tribuna' pecha o Ano Pardo Bazán

Publicada en 1883, esta obra é a primeira en reflectir a vida da clase obreira feminina, neste caso das cigarreiras da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O salón de actos da Real Academia Galega (RAG) acolleu este xoves a presentación da primeira tradución ao galego de 'La Tribuna', a terceira novela de Emilia Pardo Bazán.  Publicada en 1883, esta obra está considerada a primeira incursión naturalista nas letras hispanas e a primeira tamén en reflectir a vida da clase obreira feminina, neste caso das cigarreiras da Coruña.

A versión en galego, realizada por Valeria Pereiras, é froito da colaboración do Concello da Coruña e da Fundación Luzes, e coa súa presentación ponse fin á celebración do centenario da morte da escritora. O acto contou coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, que destacou que Pardo Bazán "contribuíu á renovación da ficción nacional"; o presidente da Fundación Luzes, Manuel Bragadoy, e a tradutora e tamén autora das notas do libro, Valeria Pereiras.

Ademais, asistiron a académica Marilar Aleixandre, directora de 'A Tribuna. Cadernos de estudos de Casa-Museo Emilia Pardo Bazán' e o académico Manuel Rivas, codirector da revista Luzes e autor do epílogo que pecha a edición.

Acto de peche do Ano Pardo Bazán. ANDY PEREZ
Acto de peche do Ano Pardo Bazán. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta