Galicia pode actuar como un estado independente dentro da CPLP

A Comunidade dos Países de Língua portuguesa cre que Galicia pode aportar 55,8 millóns de euros e aumentar o espazo económico deste grupo e beneficiarse dun grupo que pode mover o 10% do PIB mundial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/04/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Galicia perfilase como unha das economías máis avanzadas na integración no espazo da Comunidade dos países de língua portuguesa (CPLP). Así o cren algúns dos membros deste grupo de países que teñen en común a lingua portuguesa.

De feito, a integración de Galicia neste espazo está case ao mesmo nivel que a de Guinea Ecuatorial, que pode ser un membro efectivo o vindeiro xullo. Os seus socios cren que a integración de ambas as dúas economías reportaría un impulso de preto de 76 mil millóns de euros ao peso económico do bloque. 

A maior parte dese potencial económico provén de Galicia. Con 2,8 millóns de habitantes, "ten unha economía de preto de 55,8 mil millóns de euros, con importante industria automóbil, téxtil, forestal, entre outras", apuntan.

Lazos de Galicia cos países de fala portuguesa

Será en Xullo cando Guinea Ecuatorial, cuxa economía vale 19,7 mil millóns de dólares (14,2 mil millóns de euros), cando se adhira como membro de pleno dereito á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. Pola contra, Galicia depende do que diga o Estado español e a CPLP, aínda que a maior parte dos seus membros está a favor desta integración. Así, destacan os importantes lazos históricos e culturais con Portugal, así como a lei aprobada a pasada semana na Cámara galega para impulsar as relacións coa lusofonía; sobre todo cos oito países deste espazo; Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Timor Leste, Guiné Bissau, Sao Tomé e Príncipe e Cabo Verde.

A lei 1/2014, tamén coñecida como lei Paz Andrade, "para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonia", suliña que o portugués é hoxe a lingua máis falada no Hemisferio Sur e idioma de traballo de 20 organizacións internacionais, como a Unión Europea, e lingua oficial de "nove países e do territorio de Macau, en China".

Destacan desde a CPLP que esta norma tamén recolle que "para a melloría do desenvolvemento social, económico e cultural galego, as autoridades deben promover todas cantas medidas sexan posíbeis para mellor valorizar esta vantaxe histórica". E sen se referir especificamente á CPLP ou ao Fórum Macau, os dous grandes polos diplomáticos e políticos do espazo de lingua portuguesa, a lei galega determina a "participación das institucións en foros lusófonos de todo tipo", nomeadamente económico e cultural. Por iso cren que a incorporación a este espazo pode ser unha boa medida.

De efectivizarse a entrada de Galicia no CPLP, o país funcionaría cuasi de facto como un estado independente para impulsar unhas relacións económicas e culturais privilexiadas cos países de fala portuguesa.

Depende do que diga a CPLP e o Estado español

Con todo, polo momento, non hai nada claro respecto a este asunto. Como xa avanzou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, nunha entrevista na RTP, hai "vontade" por parte da Xunta en adherirse a este grupo, "pero depende do que diga a propia CPLP e o Estado español".

A adhesión da Guinea Ecuatorial á CPLP deberá ser realidade xa en xullo, no cumio da organización en Dili, despois de que este país cubra os requisitos esixidos.

O peso económico da Guinea Ecuatorial, que resulta dunha importante industria petrolífera, xa se fai sentir en Portugal, onde recentemente un fondo de investimento público chegou a acordo para comprar unha participación no banco Banif.

Economía forte

Segundo o presidente da Confederación Empresarial da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CE-CPLP), Salimo Abdula, o PIB conxunto dos países de lingua portuguesa representa hoxe preto de 4 por cento do total mundial, con tendencia de crecemento.

En recentes declaracións, Abdula prevía que os países de lingua portuguesa poderán representar o 10% do PIB mundial dentro de dez ou quince anos, se os gobernos se xuntaran e apostaran por unha certa comunidade económica.

"Temos condicións, fomos bendecidos, temos recursos naturais de gran dimensión descubertos nos últimos dez anos, temos man de obra moza e, se nos posicionarmos como debe ser, levando a tecnoloxía necesaria para dar máis valías ás nosas riquezas naturais onde elas existen, podemos transformar a CPLP nunha estrela", dixo Abdula á Axencia Lusa.

Ademais, os trocos comerciais entre a China e os países de lingua portuguesa  aumentaron 2,31% en 2013, con 131,4 mil millóns de dólares, co Brasil mantendose como o principal socio económico da China, (89,85 mil millóns de dólares de trocos, 5,11% máis en termos anuais).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 118 comentarios

2 Spidercan

Eu estou a prol do "depende". Asi non me molho e quedo ben. Así sempre bailo coa máis guapa.

1 O Príncipe dos Mouros

Xa, xa... Non lles falta razón. É que Galicia é, precisamente, o territorio político máis desenvolvido e industrializado de todos eles. Vai a CPLP recoñecer o galego como lingua (co)oficial? A relación entre Galicia e o antigo Imperio Colonial Portugués é de bilateralidade e de relación en pé de igualdade? Ou é unha relación neocolonial e imperialista? Se a CPLP non recoñece o galego como lingua (co)oficial, eu estou en contra de calquera achegamento.

1 Soberanista

Simplesmente com chamar «português da Galiza» ao «galego» a Galiza é reconhecida internacionalmente polos países da lusofonia (um deles «potência emergente» e outro membro da UE), pode gozar das vantagens dum membro da «Commonwealth lusófona» chamada CPLP (comunidade de NAÇÕES, ainda que não tenham Estado), e abre-se a possibilidade duma via cara a independência similar à de Timor Leste. Mas o autonomismo, ou sabendo disto é espanholista, ou faz como sempre, jogando a perder, rechaçando o facto de termos uma LÍNGUA NACIONAL que também é INTERNACIONAL e continuando com as caralhadas essas da lagriminha no olho e a «lingua rexional, minoritaria e minorizada».