O Reino de Galicia, un anaco da historia do país ocultada "deliberadamente"

A Deputación da Coruña impulsa unha convocatoria de axudas para difundir a historia medieval do territorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2022 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña impulsou unha convocatoria de axudas para difundir a historia medieval de Galicia co obxectivo de explicar "esta etapa que deliberadamente non se contou", expuxo o deputado Xurxo Couto. Xunto ao asesor de Cultura do organismo provincial, Xavier Campos, presentou o fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, dirixido a apoiar iniciativas de todo tipo que traten sobre a historia medieval galega.

Desde libros, contidos dixitais, intervencións urbanas, espectáculos en vivo ou audiovisuais poderán beneficiarse dunhas axudas cunha dotación total de 250.000 euros para 20 proxectos. Xurxo Couto reivindicou este período histórico de "fundamental para chegar a ser o que somos". "Somos un pobo con historia propia", dixo fronte ao "relato instaurado polo franquismo". En particular reivindicou figuras e lugares do medievo que non aparecen habitualmente.

No mesmo sentido, pronunciouse Xavier Campos, quen incidiu en que hai "unha historia por contar". "Queremos con estes proxectos axudar a contar esa historia", expuxo sobre unhas axudas que incluirán desde apoio a estratexias de difusión en redes sociais ata proxectos divulgativos ou audiovisuais. Financiaranse, ademais, tanto proxectos que comezaron en 2021 como os que se desenvolvan en 2022.

Por outra banda, nunha nova entrega do 'Documento do mes', o Arquivo da Deputación da Coruña porá en valor o labor social e feminista de Juana de Vega. No documento titulado 'Beneficiencia liberal en feminino: Juana de de Vega, a Asociación de Señoras e o Hospicio Provincial', recóllese o procedemento de creación da entidade.

Unha das pezas que forman a exposición 'Códices do Rei Sabio. VIII Centenario de Alfonso X', na Real Biblioteca do Mosteiro de San Lorenzo del Escorial.. Rafael Bastante - Europa Press
Unha das pezas que forman a exposición 'Códices do Rei Sabio. VIII Centenario de Alfonso X', na Real Biblioteca do Mosteiro de San Lorenzo del Escorial.. Rafael Bastante - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta