Sindicatos lamentan a "desfeita" e a "preocupante" situación do mercado laboral galego

Denuncian que está moi por baixo da media do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Organizacións sindicais lamentaron a "desfeita" e a "preocupante" situación do mercado laboral galego, despois de coñecerse este xoves os datos da enquisa de poboación activa (EPA) publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Neste sentido, desde UGT-Galicia alertaron do "pouco dinamismo" do mercado laboral galego, cunha taxa de actividade seis puntos por baixo da estatal. Tamén ven "moi preocupante" a evolución do desemprego de longa duración, con case 60.000 persoas en Galicia nesta situación.

Na mesma liña falou Comisións Obreiras (CC.OO.), que asegura que os datos da EPA pon de manifesto a "desfeita" do mercado laboral galego, xa que o emprego na Comunidade creceu "catro veces e media menos" que en resto de España. Así, a secretaria de Emprego de CC.OO., Maica Bouza, lamentou que as cifras publicadas este mércores evidencian os "problemas estruturais" do mercado laboral para crear emprego, "algo sobre o que a Xunta debería reflexionar".

Así mesmo, a Confederación Intersindical Galega (CIG) tamén se refire a esta comparativa con 2019, para indicar que a pesar de que os datos de peche de 2021 melloran o final de 2020, non é así se se teñen en conta cifras prepandémicas. "Un mercado laboral que segue mostrando unha evolución moi preocupante: desde 2019 destruíu 10.100 empregos en Galicia, fundamentalmente no sector industrial e no primario", subliñou a organización sindical.

Traballadores nunha obra. Eduardo Sanz - Europa Press - Arquivo
Traballadores nunha obra. Eduardo Sanz - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta