Morre un home nunha caída no monte Pindo

Está activo un operativo para o rescate do corpo do falecido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2022 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

Un home faleceu nunha caída ao sufrir unha indisposición mentres descendía polo monte Pindo, no municipio coruñés de Carnota.

Garda Civil en imaxe de arquivo.. GARDA CIVIL
Garda Civil en imaxe de arquivo.. GARDA CIVIL

Segundo informa o 112 Galicia este sábado, foi un familiar do falecido o que deu a alerta sobre as 13,00 horas. Indicaba que o senderista caera e recibira un golpe ao sufrir unha indisposición mentres baixaban desde o monte cando se dirixían cara á aldea de Pindo.

Ata o lugar de difícil acceso desprazouse un helicóptero con equipo médico, con base en Santiago, e outro do servizo de Gardacostas. Tamén foron informados bombeiros de Cee, GES de Muros, Garda Civil e Policía Local, entre outros.

O home faleceu no lugar. Foi precisa a intervención do helicóptero Pesca 1 de Gardacostas para rescatar o corpo do senderista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta