Acordo entre BNG e PP... Cando un "exitoso currículo" sirve para dar nome a unha praza

O físico Jorge Mira terá unha praza no seu Baio natal.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/01/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O físico Jorge Mira será un dos poucos científicos que terá o nome dun espazo público en vida. A nova praza de Baio pronto pasará a chamarse oficialmente “Praza Jorge Mira Pérez” despois do acordo ao que chegaron os dous grupos que forman a Corporación Municipal do Concello de Zas, o Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular. A proposta farase oficial na próxima sesión plenaria.

O investigador Jorge Mira participa nun estudo da USC
O investigador Jorge Mira participa nun estudo da USC | Fonte: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Segundo indican Óscar Lema, portavoz do BNG; e David Gómez, portavoz do PP; a elección do nome está motivado polas "cualidades humanas e polo exitoso currículo de Jorge Mira" que, ademais, di, de ser veciño de Baio, "sempre presume da súa vila do seu concello nos múltiples actos institucionais nos que participa".

Jorge Mira (Baio, 1968) é catedrático en electromagnetimo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é investigador, divulgador científico e membro da Real Academia Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Me cae bien, pero mira a ver que no ocurra como con Campechano.