Xaneiro deixa sete mortos nas estradas galegas, cinco máis que en 2021

Catro dos falecementos tiveron lugar na provincia da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2022 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

As estradas galegas rexistraron, durante o mes de xaneiro de 2022, 7 vítimas mortais en accidentes de tráfico, cinco máis que no mesmo mes do ano 2021, e máis da metade dos falecementos tiveron lugar en sinistros na provincia da Coruña.

Así se reflicte no informe feito público pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT), no que se recolle que, no primeiro mes do ano, tiveron lugar catro accidentes mortais na provincia da Coruña, outros dous na de Lugo, e un na de Pontevedra. En xaneiro de 2021, os sinistros con vítimas mortais foron dúas, na provincia de Ourense.

A DXT tamén informa de que, neses 7 accidentes (unha colisión, 2 atropelos e 4 saídas de vía) rexistráronse outras tantas vítimas, o que supón un 250 % de incremento con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Con respecto ao perfil das vítimas, tres delas tiñan 65 anos de idade ou máis.

Accidente entre dous camións e un turismo. GARDA CIVIL
Accidente entre dous camións e un turismo. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta