Ensinanzas das Tanxugueiras

1.- Unha parte moi importante da cidadanía galega está a medrar substancialmente na súa autoestima, síntese solidaria coa súa lingua e cultura e convirte a pertenza á galeguidade na súa referencia no mundo. A identidade nacional mantense e evolúe malia o proceso de globalización ou mesmo canda él.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 06/02/2022

Comparte esta noticia

2.- A música das Tanxugueiras, canda moitos outros  produtos musicais e culturais galegos, son creacións dunha moi grande calidade, calquera que sexa a referencia (estatal, europea ou universal) coa que fagamos a comparanza. Elas amosaron que a música tradicional galega é unha creación popular e viva, que é quen de evoluir e se actualizar en interacción (que non mestizaxe) con outras achegas. Esta calidade comparativa é moi evidente, polo que no próximo futuro non haberíamos precisar da aprobación exterior para encher os concertos das nosas artistas e mercar a música e os libros das nosas creadoras.

Tanxugueiras nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022
Tanxugueiras nunha rolda de prensa tras a celebración da segunda semifinal do Benidorm Fest 2022 | Fonte: Joaquín Reina - Europa Press


  3.-  A lingua, cultura e música galegas son ben recibidas pola grande maioría da cidadanía do Estado español, como tamén no ámbito europeo e universal. O rexeitamento á nosa lingua e cultura, canda o encaixe nunha España plurinacional dunha Galicia de seu, non xurde dos pobos, senón da aparataxe do Estado, das estruturas do Deep State, das elites do palco do Bernabeu, do establishment cultural, musical e do espectáculo.


  4.- O problema non é só político, senón económico. O xuri nomeado pola RTVE, expresión dese establishment do espectáculo, serviu aos intereses de determinadas produtoras do Madrid artístico. Chanel non tiña dereito a percebir diñeiro pola explotación económica dos dereitos de autor (que van ir para esas produtoras), mais as Tanxugueiras si. Un trunfo das Tanxugueiras, ademáis, amosaría o bo acollemento do público español a produtos culturais e musicais en galego, catalán , euskera ou asturiano e iso non lles encaixa aos que só acreditan na España unilingüe, uninacional e unicultural que serve aos seus intereses económicos e á difusión dos seus produtos culturais.


 5.- O Estado e as súas Institucións (tamén a RTVE) son moi difícilmente reformábeis e non dubidan, quer de mudar as regras de xogo á metade do partido, quer de revirar a aplicación destas normas, como fixeron as dúas persoas do xuri que votaron Tanxugueiras coas puntuacións de “2”  e “4”, reservadas para a peor e a segunda peor escolla.


6.- O vivido habería valer para que centos de milleiros enxergaramos como funcionan tanto as institucións do Estado como as elites e conexións do Deep State e comprenderamos que a dificultade real de compatibilizarmos a galeguidade coa españolidade baséase só no concepto discriminador e supremacista co que a ideloxía dominante  define España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.