Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 11:06
Unha muller faleceu no municipio lugués de Begonte ao sufrir unha caída e bater coa cabeza contra a estrutura dun pozo. O suceso, segundo informou na mañá deste sábado o CIAE 112 Galicia, produciuse ao redor das 23,00 horas do venres nunha vivenda do centro urbano de Begonte.
Tras recibir a alerta, un equipo de emerxencias composto polos bombeiros de Vilalba e profesionais de Urxencias Sanitarias 061 desprazouse á casa, situada na estrada en dirección Rábade. Os bombeiros recuperaron do interior do pozo o corpo sen vida da muller, apunta o CIAE 112 Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.