Piden regularizar "sen condicións" a todos os migrantes 'sen papeis' no Estado

O movemento #RegularizaciónXa busca 500.000 sinaturas para lanzar unha iniciativa lexislativa popular. Este sábado chega a Santiago cunha mobilización.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2022 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O asociacionismo galego e do resto do estado mobilízase para conseguir a regularización das persoas inmigrantes. O movemento #RegularizaciónXa sairá esta fin de semana ás rúas de todo o Estado para dar a coñecer a proposta dunha Iniciativa Lexislativa Popular que precisaría de medio millón de sinaturas para regularizar ás persoas 'sen papeis', un colectivo que rolda tamén os 500.000 individuos. 

Transeúntes pasean por unha rúa protexidos con máscara debido á crise sanitaria do Covid-19
Transeúntes pasean por unha rúa protexidos con máscara debido á crise sanitaria do Covid-19 | Fonte: Eduardo Sanz - Europa Press - Arquivo

No caso galego, terá lugar unha única concentración prevista para o mediodía --12:00-14:00h-- do sábado na compostelá Praza de Cervantes. O acto comprenderá un espectáculo poético-musical no que se incitará tamén á sinatura das ILP co obxectivo de chegar ao Congreso dos Deputados, se ben a consecución deste trámite non garante máis que a proposta na cámara baixa, non a súa aprobación. 

A mobilización vén convocada por por decenas de colectivos e redes migrantes organizadas para "esixir os seus dereitos", unha mobilización que arrincou en abril do 2020 e agora sae ás rúas novamente nunha "macrorecollida" de sinaturas enmarcada no lanzamento da campaña pola Iniciativa Lexislativa Popular para a regularización de todas as persoas migrantes sen papeis dentro do Estado español.

Dende o seu nacemento #RegularizaciónXa puxo na axenda política e mediática a necesidade dunha regularización "urxente, amplia e sen condicións" para as persoas migrantes indocumentadas por unha cuestión de dereitos e de xustiza social e co fin de "saír todas xuntas da crise sanitaria". Despois dun camiño largo, que pasou pola presentación dunha Proposición Non de Lei no Congreso para instar ao Goberno a iniciar un proceso de regularización (PNL que foi apoiada por 8 forzas políticas mais que foi finalmnete rexeitada), o movemento #RegularizaciónXa enceta unha nova xeira: impulsar unha ILP como parte dunha estratexia política que involucre á cidadanía para demandar un proceso de regularización.

Segundo inciden, "trátase de conquistar o acceso a dereitos fundamentais para mais de 500.000 persoas --unha terceira parte delas menores de idade-- xa que a irregularidade supón estar nunha condición de vulneración permanente, e a perda dun gran aporte económico e fiscal". Recordan que os únicos requisitos para participar da sinatura é ser maior de idade e contar cun DNI. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta