Sindicatos policiais e asociacións veciñais alarmadas ante o incremento da delincuencia na Coruña

Pídenlle ao concello coruñés que tome medidas e que incremente os axentes e realice melloras nos barrios.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/02/2022 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

A sensación de inseguridade crece na Coruña. Tras os datos sobre o aumento de delitos na cidade, sindicatos policiais e a A asociación Os Mallos Unidos piden máis medios para facer fronte a este gromo de delincuencia que sofre a cidade

Vehículo co cristal partido no barrio coruñés do Castrillón
Vehículo co cristal partido no barrio coruñés do Castrillón | Fonte: Imaxe cedida pola veciñanza

Segundo datos do Ministerio do Interior, A Coruña sumou 12.873 delitos que se reflicten nun 35,8% máis con respecto ao ano anterior, e máis de tres veces superior á media estatal cun 11%.  Entre eles hai un incremento nun 53% dos roubos con violencia, un 13% dos roubos con forza e intimidación, un 37% dos roubos en fogares e un 55% dos furtos.

"Sabemos que estes datos non se refiren só ao barrio dos Mallos senón a toda a cidade da Coruña, cousa que vimos advertindo e reflectindo en redes; ademais de por Rexistro non Concello. Non somos un gueto, simplemente fomos os primeiros en darmos a voz de alarma", indican Os Mallos Unidos nun comunicado.

Por iso, critican ao Concello da Coruña e pídenlle que se desculpe por "facer declaracións incertas" sobre a situación nos Mallos e sobre a seguridade cidadá na Coruña. Volven pedir que se estableza un servizo de policía de barrio, que se medie co Goberno Central para un endurecemento das leis contra a delincuencia, a okupación e ou tráfico de droga, especialmente nos narcopisos e que "se mellore dunha vez a iluminación e oservizo de limpeza". Tamén reclama que se dinamice con actividades de corte cultural, lúdico e social, non só neste barrio senón non resto de barrios.

SINDICATOS POLICIAIS

Por outra banda, os sindicatos policiais CEP, SPP, SUP e UFP fixeron un comunicado conxunto no que destacan o incremento dos delitos graves, "como os roubos con violencia ou intimidación, as lesións, os roubos con forza e os roubos en interior de vehículos". Tamén destacan que "desde hai uns anos detectouse un incremento do número de delincuentes habituais residentes na cidade, especialmente dos foráneos".

Deste xeito, fixeron saber a súa preocupación ante as "frecuentes queixas de diferentes colectivos sociais e as demandas dunha maior seguridade e dunha maior presenza policial, debido aos problemas de inseguridade nos barrios".

As organizacións sindicais lembran que denunciaron recurrentemente que o persoal de persoal da Policía Nacional na Coruña viuse mermada durante os últimos anos, estando actualmente nas súas unidades operativas sobre o 80 % do persoal que prevé o vixente Catálogo de Postos de Traballo.

Tamén o grupo do Partido Popular denuncian que a alcaldesa "se está rindo dos cidadáns ao cualificar como sensación de inseguridade o que é un grave problema en toda a cidade, o mesmo que dicir que non dorme tranquila pensando nos problemas de seguridade mentres non fai nada para solucionalos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta