Centos de persoas no regreso da Festa da Filloa de Lestedo en Boqueixón

A estrela da festa foi a gran máquina filloeira, con capacidade para elaborar ata 1.500 unidades cada hora

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/03/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Centos de persoas gozaron en Boqueixón (A Coruña) da XXIX Festa da Filloa de Lestedo e do Alto dos Xenerais da Ulla, despois un ano sen celebración por mor da pandemia de covid-19. A estrela da festa foi a gran máquina filloeira, con capacidade para elaborar ata 1.500 unidades cada hora.

Máquina filloeira na Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón
Máquina filloeira na Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón | Fonte: Europa Press

Ademais de actuacións de grupos musicais, desde as 11,00 horas, pódese visitar no local social de Lestedo a exposición fotográfica '39 anos filloando', organizada pola asociación de veciños de Lestedo.

Á celebración acudiron membros da Xunta como a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o deputado de Promoción Económica, Blas García

Nava Castro interveu na inauguración oficial do evento, onde destacou que "calidade, promoción e valorización" conforman os tres alicerces sobres os que "pivotan as festas gastronómicas plenamente como esta celebración declarada Festa Galega de InterésTurístico desde 2008".

Pola súa banda, o deputado de Promoción Económica, Blas García, puxo en valor o produto típico da zona e fixo fincapé en que "esta celebración difunde a gastronomía da contorna, xerando riqueza, pero tamén serve como medio para crear novos vínculos de convivencia e relacións entre a veciñanza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta