Por Europa Press / Redacción | Ourense | 08/03/2022 | Actualizada ás 18:20
Catro persoas resultaron feridas nun tiroteo ocorrido na tarde deste martes nunha gasolineira do concello ourensán de Vilamarín, situada no polígono industrial de Tamallancos.
Segundo informa a Garda Civil, detívose a un veciño de Amoeiro de 48 anos, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio por este suceso ocorrido sobre as 16,00 horas deste martes.
O home tentaba darse á fuga cando foi interceptado polos axentes. No vehículo portaba a arma co que supostamente se efectuaron os disparos.
As catro vítimas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), dous deles feridos de consideración.
O 061 informa de que os feridos son unha muller de 39 anos, LMR, e tres homes: JGM (18 anos), AGM (46 anos) e AVG (77 anos). Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais e un helicóptero de Urxencias Sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.