Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 10:14
A forte ondada de ata 7 metros afectará este venres a Galicia e con menor intensidade a Asturias, Cantabria e País Vasco, mentres que a choiva, a neve e o vento de ata 80 quilómetros por hora estenderanse por varias provincias do terzo norte peninsular, segundo avisou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).
Así, o AEMET activou o aviso laranxa (risco importante) por fenómenos costeiros en Pontevedra, A Coruña e Lugo, onde o vento de noroeste provocará mar combinado de 5 a 7 metros. Con aviso amarelo, pero tamén por fenómenos costeiros estarán Asturias, Cantabria e as dúas provincias costeiras do País Vasco.
Tamén habera acumulación de neve de 5 centímetros de neve por encima de 1.400 metros e de ata 10 centímetros de neve por encima de 1.500 metros. Así mesmo, terán aviso amarelo por ventos con refachos máximos de 80 quilómetros por hora as provincias da Coruña, Asturias, Cantabria, León, Burgos e Palencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.