951 lumes calcinaron unhas 4.404 hectáreas en Galicia en 2021

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/03/2022 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, analizou a superficie afectada polos incendios forestais en Galicia nos anos 2020 e 2021. Así, trasladou que no 2020 un total de 1.527 lumes afectaron 14.823,92 hectáreas e no 2021 rexistráronse 951 lumes, que queimaron 4.404,40 hectáreas.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: POR UN MONTE GALEGO CON FUTURO.

Durante a súa intervención o director xeral destacou o traballo e profesionalidade do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais e indicou que a distribución deste persoal vén recollida anualmente no plan de prevención e defensa contra os incendios forestal de Galicia (Pladiga).

Por último, referente á publicación do mapa de riscos de incendios forestais, Manuel Rodríguez indicou que está incorporado no Plan especial de Protección Civil ante emerxencias por incendios forestais de Galicia, coñecido como Peifoga, o cal incorpora como anexo os mapas de perigo local e vulnerabilidade, así como o mapa de índice de risco potencial, por provincia e para toda a comunidade, con en o fin de facilitarlle aos medios e á propia poboación datos sobre as posibilidades de risco dun incendio forestal debido ás condicións climatolóxicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta