A plataforma contra a reapertura da mina de Touro sinala que a empresa descacredita as súas propias solucións

A pesar disto, os verquidos de augas contaminadas continuaron e a empresa “mudou o seu discurso cara a visión de que a reapertura da mina era a única solución para rexenerar as augas e o solo”.

Por Galicia Confidencial | O Pino-Touro | 13/03/2022 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non denuncia que empresa Cobre San Rafael pon en
entredito o seu propio plan “de restauración dos ríos financiado con diñeiro público hai
vinte anos”.

Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato.
Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato. | Fonte: Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

Por outra parte, cando a empresa presentou en 2017 o proxecto de explotación de cobre a ceo aberto, a premisa era negar toda contaminación, “alegando que o proxecto dos tecnosoles de Felipe Macías de principios dos anos 2000 funcionara”.

A pesar disto, os verquidos de augas contaminadas continuaron e a empresa “mudou o seu discurso cara a visión de que a reapertura da mina era a única solución para rexenerar as augas
e o solo”. Máis adiante, os informes técnicos de Augas de Galicia e Patrimonio Natural foron desfavorables á reapertura. Finalmente, o proxecto foi denegado pola Xunta de Galicia, cunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa e unha posterior resolución da Dirección Xeral de Minas no mesmo sentido.

A Plataforma Veciñal sinala que Cobre San Rafael “insiste na teima de enriquecerse a toda costa, pero a realidade é que para poder tentar levar o cobre primeiro teñen que reparar os anteriores danos, danos que eles mesmos provocaron”.

No comunicado indican ademais que “Cobre San Rafael anuncia a bombo e platillo un novo investimento de case dous millóns de euros para abordar o que deron en chamar “plan integral de restauración das augas da mina de Touro”.  Para a Plataforma este é un intento de venderlle á sociedade unha aposta pola industria sostible e a resposta ás demandas da poboación da contorna.

Con estas  premisas, a agrupación veciñal contraria á reapertura da mina do Pino-Touro, indica que Cobre San Rafael estase desautorizando para xustificar as súas mentiras, “poñendo en entredito o seu propio plan de restauración dos ríos financiado con diñeiro público hai vinte anos, no que eran socios o catedrático Felipe Macías e a administradora de Cobre San Rafael, Eva Gómez Portela”.

Por todo isto, ven un cambio de postura desde a empresa que “ridiculiza así o proxecto de
restauración con tecnocoles de Macías, anunciando que vai arranxar en seis meses o que os tecnosoles non conseguiron en vinte anos”. Isto mentres denuncian tamén que a propia empresa non deixa de lucrarse amoreando toneladas de residuos coa excusa do proxecto do catedrático.

Por outra banda, lembran  que a Dirección Xeral de Minas ordenara a Explotaciones Gallegas en 2018 presentar un proxecto de drenaxe, tratamento e control das augas. Esixíaselle a “Modificación do sistema de xestión das augas: incorporar os afluentes de Angumil , Portapego e Felisa ao oco de Vieiro. Debe garantirse a supresión das saídas de auga dende a zona de Arinteiro.”

Este proxecto de drenaxe definitivo recibiu multitude de alegacións de veciñanza e asociacións, por non resolver, baixo a súa visión, o problema das augas. “É un lavado de cara máis, que consiste en desviar os verquidos hacia un lugar onde sexan menos visibles, simplemente”.

Por último, a Plataforma denunciaba que souberon do inicio das obras a través dunha publirreportaxe de catro minutos na televisión pública galega. “Augas de Galicia adoita estar desaparecida no asunto, pois non respostou ás alegacións ao proxecto nin comunicou a resolución do mesmo”.

Por último, a Plataforma Veciñal considera que os feitos “non fan máis que darlle a razón” á plataforma veciñal e “aos colectivos que nos últimos anos viñan presentando centos de denuncias polos problemas da drenaxe”. Mentres tanto, insisten que malia non seren suficientes, “estanse impoñendo multas á empresa e os procesos xudiciais acumúlanse no Xulgado de Arzúa”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta