Crecen os nacementos en Galicia, pero aínda por baixo de antes da pandemia

O aumento é dun 18% en xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 16/03/2022 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

O número de nacementos en Galicia subiu un 17,86% en xaneiro deste ano en comparación co mesmo mes de 2021, ata 1.247 bebés, quedándose aínda por baixo de datos de 2020, 2019 e 2018 (1.300, 1.333 e 1.465 bebés, respectivamente), últimos anos antes da pandemia.

Segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, a nivel nacional naceron 27.756 bebés no mes de xaneiro, un 15,7% máis que en xaneiro de 2021, pero tamén quedándose por baixo de 2020 (30.314 bebés).

Por provincias, en Pontevedra naceron o primeiro mes de 2022 ata 437 bebés, un 9,74% máis, mentres que na Coruña, 546 bebés, un 18,66% máis e superando en tres nenos o dato de 2020. En Ourense, o número de nacementos foi de 98, un 8,57% máis, mentres que en Lugo naceron 167 bebés, un 51% máis e superando os datos de 2020 e 2019.

Doutra banda, o número de defuncións en Galicia baixou case un 10% ata finais de xaneiro, con 3.690 decesos, duplicando o número de nacementos.

Maternidade e paternidade no nacemento dunha crianza
Maternidade e paternidade no nacemento dunha crianza | Fonte: MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta