A unidade do independentismo

O independentismo galego acudirá, logo de varios anos de desencontros, unido aos actos do vindeiro 25 de jullo. Baixo o lema 'Autodeterminación', a plataforma Causa Galiza convoca unha manifestación unitaria que partirá da Alameda ás 13.00 horas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/07/2007 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

"Causa Galiza convoca a cidadania para a manifestaçom do 25 de Julho à umha da tarde Compostela

Causa Galiza, entidade social ampla e de esquerda na que confluem pessoas, colectivos, organizaçons e forças políticas galegas comprometidas com a defesa do direito de autodeterminaçom do nosso país, chama a todos os sectores da esquerda soberanista a participarem na manifestaçom unitária que convoca para o dia 25 de Julho, que vai partir às 13:00 horas da Alameda compostelana, baixo o lema "Autodeterminaçom".

O objectivo desta marcha e da própria Causa Galiza é o de iniciar uma nova caminhada conjunta que sirva para dar coerência e unidade às reivindicaçons existentes no seio do nosso povo, e que nom estám representadas nos consensos da oficialidade, nem na só aparente diversidade de ofertas políticas da precária democracia em que vivimos. Como recolhe o manifesto da organizaçom, "sem dispormos de poder de decisom para contornar a condenaçom ao deterioro social e ambiental prolongado e à desapariçom final como naçom".

É por isto que "o reconhecimento do direito de autodeterminaçom é umha garantia fundamental dum futuro de liberdade e justiça social, porque sem autodeterminaçom nom pode haver democracia." Neste sentido, na busca do mais amplo dos consensos possíveis, é a necesidade de que tenham voz as ánsias desse amplo sector do povo galego que nom renuncia ao exercício dos direitos nacionais do nosso país a que leva a Causa Galiza a fazer um chamamento a toda a cidadania galega a participarem desta manifestaçom unitária nacional.

Entre todas e todos havemos defender a nossa firme aposta por estes princípios e a máxima flexibilidade na acçom, para ganharmos mais galegos e galegas à causa da libertaçom nacional e social.

Por outra parte, e para realizar con maior efectividade o seu labor, a plataforma Causa Galiza abriu a sua páxina na Internet, no endereço www.causagz.org, que vai contribuír como umha ferramenta mais na difussom do direito de autodeterminaçom. Desde este espaço na rede vai proporcionarse informaçom dos distintos actos que no futuro realizar a plataforma, assi como os diferentes materiais e textos disponibilizados pola Causa Galiza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

9 Jesús

Gracias "de aquí", agradecido.

8 Oscar

Polo menos esta manifa é pacífica. Mañá unha organización vai facer en Santiago unha "manifestación" consistente en facer destrozos e pintadas; tipo "kale borroka" á galega.
Da vergoña sabelo; por culpa deles atrásase Galiza.

7 Cítrico

Felicito aos independentistas galegos pola súa gran orixinalidade na escolla do lema. Seguro que despois de longas sesións de árduos debates chegaron a esa conclusión.

6 Eu

ESQUECÍAME, MENTRES SIGAMOS ASÍ A UPG ESMENDRELLASE COA RISA

5 Eu

Outra vez o camiño do fracaso. Fracasan as "bases democráticas galegas" e agora temos "Causa Galiza". Para cando unha política independentista e de esquerdas cos pes e cabeza na terra. Cómpre unha organización ampla e non se pode construir sobre unha redición do que xa fracasou. Que ten de novo Causa Galiza en relación coas BDGS.
PLEASE SEXAMOS SERIOS É FAGAMOS ALGO CON FUTURO
A NOSA PATRIA O NECESITA