Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán a Galicia como exemplo de estabilidade na Intermunicipal do PP

Os alcaldes de Vedra, Ferrol, Pereiro de Aguiar e Mos intervirán na cita que o PP celebra esta fin de semana en Valladolid.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2024 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal que o Partido Popular celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de "deixar claro a importancia dos 313 concellos" e reivindicar a Galicia como "exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño para toda España". A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, anunciou que, entre estes representantes, hai alcaldes como o de Vedra, Carlos Martínez; o de Ferrol, José Manuel Rey Varela; o de Pereiro de Aguiar e presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor; e a de Mos, Nidia Arévalo.

"Catros grandes valores do noso partido e que serán a nosa voz nesta Intermunicipal", explicou para asegurar que o evento servirá para reivindicar que son "o partido da estabilidade, a xestión e o sentidiño", que non só goberna nos concellos, senón que o fai tamén na Xunta co apoio maioritario de todos os galegos e galegas. Así como para deixar claro que "Alberto Núñez Feijóo é a alternativa que necesitamos os españois fronte a Sánchez e a corrupción", indica.

Acompañada polo alcalde de Vedra, a secretaria xeral de PPdeG sinalou que o seu partido é tamén o partido da Galicia que funciona, tamén en cada un dos municipios, sexan cidades, pobos ou pequenos concellos. Así o testemuñan, engadiu, tanto as 154 alcaldías populares (case a metade na Comunidade e 37 na provincia da Coruña) como o feito de que foi o partido máis votado en moitos outros concellos "onde fai oposición fronte a pactos de perdedores".

"A IMPORTANCIA DO SENTIDIÑO"

Para Paula Prado, o rexedor vedrés é un "referente" para o partido despois de "13 anos de mandato e de benestar para os seus veciños e veciñas". Unha traxectoria que, puxo, foi referendada nas urnas cun 56" de apoio (máis de 1.600 votos) nas últimas eleccións municipais e oito de 13 concelleiros na corporación municipal.

Carlos Martínez, pola súa banda, quixo agradecer a oportunidade de poder participar na Intermunicipal popular e así "poder dar voz ao rural e compartir a experiencia dos concellos rurais gobernados polo PP". Uns concellos que, explicou, caracterízanse por contar con gobernos que "achegan tranquilidade, sensibilidade, estabilidade e sentidiño aos veciños".

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado
O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado | Fonte: ÍÑIGO ROLÁN - PPDEG

Incidindo na necesidade de traballar para que a xente queira vivir no rural poida facelo contando cos mesmos servizos que nos pobos ou nas cidades, o alcalde (que tamén é vocal da xunta de goberno da FEMP) subliñou que os gobernos populares son garantía de "saber xestionar os recursos coa máxima eficiencia e lograr facer máis con menos".

A DESUNIÓN E A DEBILIDADE DA ESQUERDA

A secretaria xeral do PPdeG contrapuxo a unión e fortaleza que vai demostrar o PP na Intermunicipal coa "desunión" e a "debilidade" que van mostrar tanto Pedro Sánchez no seu Congreso como Ana Pontón no seu Asemblea. "A corrupción ten acurralado a Sánchez, que xa non sabe que máis escusas pór e que máis cortinas de fume inventar para tapar os seus escándalos", afirmou para sinalar o "cada vez menor apoio" do PSOE ao seu líder. Ademais, incidiu na "desunión" nas filas do nacionalismo, con tres candidaturas diferentes na Asemblea desta fin de semana. "O corazón do BNG está roto" e "cada vez hai máis voces críticas contra Ana Pontón", dixo Prado, que sostivo que os sectores que queren a independencia de Galicia son maioría no partido.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta