Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/03/2022 | Actualizada ás 10:10
Veciñanza de Meirama e entidades e asociacións ambientais galegas opóñense á central hidroeléctrica de bombeo de Coventina Renovables ou Tasga, por afectar ao Complexo húmido do Xalo: Braña Grande e Brañas do Torreiro e poñer en risco os recursos hídricos da cunca do río Barcés.
Nun comunicado denuncian que Tasga prevé no proxecto a instalación do vaso ou balsa superior e a entulleira sobre a Braña Grande e as Brañas do Torreiro. Por iso, din, o nacemento de cauces como o rego do Biduído e o rego da Porta Antiga ficarían debaixo da entulleira coa eliminación destes. O proxecto realízase nunha vaguada que supón a eliminación do rego Biduído e o seu val fluvial.
Tamén aseguran que as excavacións do vaso superior poderían afectar incluso ao rego da Orca que drena as Brañas de San Bartolomé. "Tanto a entulleira como a balsa destruen a montaña do Xalo", suliñan ao tempo que indican que a empresa prevé o aproveitamento da totalidade da auga do lago (148 hm3), agás os 24 hm3 que reservará para o abastecemento humano da cidade da Coruña.
"Calquer contratempo na diminución do nivel de auga do lago, sobre todo en periodos de seca prolongada consecuencia do cambio climático acelereado compromete os cauces da entorna, en especial o rego Barcés, que abastece ao encoro de Abegondo –Cecebre, espazo da Rede Natura 2000", afirman.
Por iso, solicitan á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia a protección do Complexo húmido do Xalo: Braña Grande, Brañas do Torreiro, Brañas de San Bartolomé e a protección dos recursos hídricos da cunca do río Barcés, incluido o rego Biduído e o seu val fluvial.
Entre as entidades ecoloxistas que están en contra do proxecto están:
1. Salvemos o Val de Barcia e Monte Xalo
2. Veciños polo Rural, de Rodís
3. SOS Encrobas
4. Asociación ambiental “O Ouriol” do Anllóns
5. Plataforma Bergantiñá pola Defensa da Terra
6. Plataforma Quijote
7. APEOM Outes
8. Ecoloxistas en Acción Galicia Sur
9. Asociación ambiental Contramínate de Laxe
10. Ecoloxistas en Acción Costa da Morte
11. Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non
12. Salvemos o Iribio
13. Ecoloxistas en Acción Lugo
14. Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre "Con-Ética"
15. Víctimas de la Justicia
16. Movimento ecoloxista da Limia (MEL)
17. Asociación galega Cova Crea
18. Plataforma veciñal O Cerqueiral
19. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde
20. Aire Limpo Mariña do Mandeo
21. Ecoloxistas en Acción Sarria-Monforte
22. Asociación A-Legre
23. Cerdido di Non
24. Ortegal Di Non
25. Afectados de Paderne
26. Amigas das Cegonhas
27. Plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova
28. Asociacion Soutovello da Bola
29. Amig@s da Paisagem de Galiza-Norte de Portugal
30. Asociación ambiental Petón do Lobo
31. Sindicato Labrego Galego
32. Anova
33. Instituto de Estudos Minhoráns (IEM)
34. Plataforma SOS GROBA
35. Ecologistas en Acción A Coruña
36. Ecoloxistas en Acción a A Mariña
37. Monfero di Non
38. Afectados polos Eólicos Vilaboa
39. Cabanas di Non
40. Comuneros do Chá
41. A Capela di Non
42. Plataforma galega para a Defensa Animal e da Natureza
43. ADECOM
44. Rede do Rural
45. Asociación Cultural Roxín Roxal.
46. Colectivo Terra
47. MoveNeda
48. Plataforma Terra Chá
49. Ecoloxistas en Acción Galiza Centro
50. Ecoloxistas en Acción O Ribeiro
51. Comité de Defensa das Rías Altas
52. Ecoloxistas en Acción Ortegal.
53. Club de Montañismo Montañas de Trevinca
54. FEG
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.