'Malencolía', a nova película de Alfonso Zarauza, chega este fin de semana aos cinemas

'Llegaron de noche', 'Cámara café' e 'A tiempo completo', outras estreas da semana

Por E.P. | Compostela | 25/03/2022 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

'Malencolía', nova película do director santiagués Alfonso Zarauza, chega ás pantallas dos cinemas este fin de semana, último do mes de marzo, que se despide coas estreas de 'Llegaron de noche', a adaptación de 'Cámara café' e a cinta francesa 'A tiempo completo'.

A última película do responsable de 'Ons', 'Os fenónemos' ou 'Encallados' narra a historia de Sira e Pepe, unha parella que tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.

Nos premios Mestre Mateo entregados o pasado fin de semana, Iolanda Muíños e Diego Anido levaron o galardón a mellor actriz e actor de repartición por esta película protagonizada por Melania Cruz e Xulio Abonjo.

Fotograma de Melancolía, filme de Alfonso Zarauza
Fotograma de Melancolía, filme de Alfonso Zarauza | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta