Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 20:30
Moitos lembrarán a historia do narcosubmarino apresado nas costas galegas a finais de 2019. Cruzaran o atlántico nunha perigosa travesía ao longo de case 30 días para transportar o cargamento máis extravagante de cocaína que se lembra. Unha produtora decidiu tirar do fío que aparecera co asunto e botar a andar unha serie de ficción sobre o tema: Mareas Negras.
En principio semellaba unha idea 'Eureka', desas que comparte a miúdo por RRSS o afamado alcalde de Ourense. Co ronsel de Fariña aínda sobre o mar das plataformas dixitais, era un acerto seguro. Ou non. Porque a serie está a colleitar reiteradas queixas de parte dos tuiteiros galegos, que lamentan dela a falta de naturalidade dos acentos galegos recollidos --dicir "galegos" é se cadra dicir xa moito-- e a estraña relación entre os galegofalantes e os portugueses, que empregan o castelán como lingua vehicular. Non lle había gustar a nova a Carvalho Calero.
A crítica da serie estriba tamén na presenza duns tópicos que se cadra en Fariña eran aínda novidosos --no que á pequena pantalla refire-- ou, sinxelamente, foran desenvoltos con algo máis de tino e precisión histórica. O que é o no caso de Mareas Negras, moitos dos estereotipos empregados non sentaron ben.
Acabo de ver o capítulo 1 da serie Operación Marea Negra;
— BorxaGz 🚩🚩 (@BorxaGC) March 11, 2022
-Non galegos poñendo acento forzado
-Fariña
-Dicir carallo todo o tempo
-Un actor galego falando en castelán cunha actriz que que fala portugués
-Entrar nun bar e pedir coa caña unhas vieiras e empanadas
😒😒😒
O tuiteiro Orgullo Galego dedicou un fío á cuestión incidindo tamén na crítica dos estereotipos cos que a serie representa ao galegos.
Vista a serie Operación Marea Negra baseada nun narco submarino que chegou a Galiza, aquí vai un resumo en 4 videos.
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) March 14, 2022
Que tópico prefires? 1/4
Comezamos polo mítico galego con acento forzado que nas cañas cos colegas vide empanadas, polbo e vieiras. Es ti este galego? pic.twitter.com/YwZ8aJgV0F
Unha crítica que veu acompañada de máis respostas negativas contra a metraxe que podería pór fin á moda das series de marcos ambientadas no país.
2/4 Es o galego que vai nun descapotable metendo fariña e bebendo a morro unha botella de viño? pic.twitter.com/bg4RmsNvr0
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) March 14, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.