Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/04/2022 | Actualizada ás 20:04
Galicia multiplica por 10 as plantacións de piñeiro desde 2018, xa que pasou de producir 524.000 plantas de coníferas anuais a unha media de 5,1 millóns en cada un dos anos do trieno 2019-2021.
Diso informa a Fundación Arume, constituída a medidados de 2019, que achaca esta situación á unión de toda a cadea forestal para potencial estas plantacións.
E é que se as plantacións de piñeiro quedaban ao redor do medio millón ata 2018, en 2019 ese incremento disparouse ata os 4,6 millóns, mentres en 2020 alcanzáronse os 5,7 millóns de plantas.
Estas cifras supoñen que a produción de planta nos viveiros galegos permiten unhas 4.000 hectáreas de coníferas anuais, ás que hai que sumar a superficie de piñeiros cortados que se rexeneran de modo natural.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.